viernes, 3 de febrero de 2012

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA COLABORA COA CAMPAÑA SOLIDARIA "UNA SONRISA PARA AITANA"

(Xogadores e xogadoras benxamíns xunto aos tapóns que recolleron)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está levando a cabo unha campaña de recollida de tapóns de plástico desde o pasado mes de decembro do 2011 para axudar a unha nena aragonesa de once anos que necesita apoio económico para operarse en Boston dunha estraña cardiopatía conxénita.

.

Tódolos xogadores e xogadoras e os técnicos e adestradoras dos combinados federados do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, así como as súas familias e amigos e amigas, están a recoller e entregar tapóns de plástico nas oficinas da entidade para enviar a finais do presente mes de febreiro.

.

(Un dos equipos cadetes do club cos tapóns recollidos para Aitana)

.

Aitana García é o nome dunha nena nada en Tarazona que xa foi operada con éxito en Boston no ano 2010 e que precisa dúas novas intervencións ao longo do presente ano 2012. Co obxectivo de conseguir as dúas novas operacións que Aitana precisa naceu "Una sonrisa para Aitana", unha campaña onde os pais desta nena solicitan colaboración mediante tapóns de plástico.

.

A campaña de recollida dos xa coñecidos como "tapóns da solidariedade" é a súa única vía para poder recaudar fondos e conseguir un futuro para a súa filla; ao igual que moitos pais e nais que escollen esta opción como a súa única esperanza de conseguir un futuro para os seus fillos e fillas.

.

(Os xogadores prebenxamíns tamén recollerón tapóns para a campaña)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia adheriuse a esta nova campaña solidaria que pretende enviarlle a Aitana García unha pequena mostra de axuda e colaboración en forma de moitos tapóns de plástico que son recollidos e entregados por tódolos integrantes da entidade viguesa.

.

A Fundación Seur, empresa colaboradora da campaña "Una sonrisa para Aitana", recollerá e transportará tódolos tapóns acumulados pola entidade ata o próximo venres 24 de febreiro do 2012, así que aínda se pode seguir acelerando e conseguir moitos máis tapóns, uns tapóns de carácter solidario.

.

Máis fotos da campaña solidaria no club

.

.

.